EMOCIÓNS INTELIXENTES
Para acadar unha personalidade madura e equilibrada
necesitamos certas habilidades emocionais e sociais. Estas habilidades están
pensadas para que aprendamos a coñecernos a nós mesmos/as, a controlarnos, a
automotivarnos e a relacionarnos de forma rendible cos demais.
O psicólogo Daniel Goleman explica que a intelixencia
emocional comprende cinco habilidades diferentes, divididas en habilidades
emocionais e habilidades sociais.
As habilidades emocionais son:
● Autocoñecemento:
con el podemos recoñecer os nosos estados de ánimo e emocións, e así expresalas
axeitadamente. Tamén nos permite coñecer os nosos puntos fortes e débiles, o
que é útil para gañar confianza no noso valor e capacidades.
● Autorregulación:
con ela podemos controlar os nosos impulsos, regular os nosos estados de ánimo
e aprazar a obtención da gratificación (saber esperar para conseguir algo
positivo)
● Motivación:
saber motivarnos para acadar os nosos obxectivos, persistir en intentar conseguir
os nosos obxectivos a pesar dos obstáculos.
As habilidades sociais son:
● Empatía: saber
poñernos no lugar dos demais; ser consciente dos sentimentos, necesidades e
preocupacións dos demais. Saber escoitar: escoita
activa.
● Destrezas sociais:
permítennos relacionarnos cos demais dun xeito saudable. Algunhas son: a
capacidade de cooperación, de negociación, de resolución de conflitos a través
do diálogo... Unha destreza importante é a asertividade,
relacionarse con quen un quere e do xeito que un queira. Non permitir relacións
tóxicas, negativas.
A asertividade é o termo medio entre a pasividade e a
agresividade.
A IMPORTANCIA DO AUTOCOÑECEMENTO
Adicar tempo a explorar o noso interior, a coñecernos a nós
mesmos, axudaranos a coñecer mellor como nos sentimos e por que, o que nos
preocupa, como nos vemos ou cales son os nosos obxectivos na vida. Chamamos introspección a ese exame interior que
nos adentra no máis profundo de nós mesmos e nos axuda a coñecernos mellor. O
autocoñecemento permitiranos adquirir un maior control sobre as nosas emocións
e o noso comportamento, de tal xeito que non sexamos meros escravos dos nosos
impulsos e saibamos dirixir a nosa vida dun xeito racional e construtivo.
Actividades de escoita activa e de asertividade, de lista de
situación onde resulte difícil controlar a resposta emocional, diálogos
representados, equipos de 4….
Preguntas para casa.
1. Averigua cantas emocións pode ter o ser humano e enumera
varias.
2. Os animais tamén teñen emocións?
3. Cres que todas as emocións son válidas? Todas son
positivas? Todas son necesarias? Pon exemplos.
4. Cres que é mellor ser máis racional ou mais emocional?