miércoles, 26 de septiembre de 2018

Tema 1. Ser persoa e saber convivir. 3º

FACERNOS A NÓS MESMOS



- Quen es ti?, que queres ser no futuro?
- Somos todos iguais en dereitos?


Cando nacemos témolo todo por facer, empezando polo máis básico: facernos a nós mesmos. Estamos por construir. No noso código xenético non está escrito se seremos xenerosos ou egoístas, viaxeiros ou máis caseiros, amables ou maleducados...

Somos ao mesmo tempo o escultor e o bloque de mármol que hai que esculpir. O que saia de ahí será único, froito da liberdade dx artista, nxs mesmxs. Únicxs e diferentes aos demáis pero precisamos deles para ser.

A identidade persoal constrúese día a día a partir dos nosos actos. Somos en boa medida aquilo que eliximos ser, pero influidos polo entorno, claro.

Hai cousas que non podemos elixir, por exemplo, o noso aspecto físico. E tampouco o noso temperamento.
Pero o temperamento é só unha parte da nosa personalidade. Hai outra parte moi importante que si pode ser modificada polas nosas accións e decisións: o carácter.

Podo, por exemplo, ser tímida por temperamento, de nacemento, pero podo traballar iso para que non me condicione demasiado.

Le e comenta:

Un vello indio estaba falando co seu neto e dicíalle: "Sinto coma se tivese dous lobos pelexando no meu corazón. Un dos dous é un lobo anoxado, violento e vingador. O outro está cheo de amor e compaixón.".
O neto preguntou: "Avó, dime cal dos dous lobos gañará a pelexa no teu corazón."
O avó contestou: "Aquel que eu alimente."


Xemelgos: xenética e crianza:






Pensei
que a liberdade vinha com a idade
depois pensei
que a liberdade vinha com o tempo
depois pensei
que a liberdade vinha com o dinheiro
depois pensei
que a liberdade vinha com o poder
depois percebi
que a liberdade não vem
não é coisa que lhe aconteça
terei sempre de ir eu.


Pensé que la libertad venía con la edad
después pensé
que la libertad venía con el tiempo
después pensé
que la libertad venía con el dinero
después pensé
que la libertad venía con el poder
después me di cuenta
de que la libertad no viene
no es algo que te pase
tendré siempre que ir a por ella

Sonia Balacó
( traducción del portugués: Verónica Cernadas)

Política e democracia

 PPT DEMOCRACIA, POLÍTICA: https://docs.google.com/presentation/d/1XpCmZn7crp3ounwer35Cf6UsTJ9g77Pz/edit?usp=sharing&ouid=10122122456840...