jueves, 3 de noviembre de 2022

Actividade 2. Emocións e habilidades sociais

 


EMOCIÓNS INTELIXENTES

Para acadar unha personalidade madura e equilibrada necesitamos certas habilidades emocionais e sociais. Estas habilidades están pensadas para que aprendamos a coñecernos a nós mesmos/as, a controlarnos, a automotivarnos e a relacionarnos de forma rendible cos demais.

O psicólogo Daniel Goleman explica que a intelixencia emocional comprende cinco habilidades diferentes, divididas en habilidades emocionais e habilidades sociais.

As habilidades emocionais son:

● Autocoñecemento: con el podemos recoñecer os nosos estados de ánimo e emocións, e así expresalas axeitadamente. Tamén nos permite coñecer os nosos puntos fortes e débiles, o que é útil para gañar confianza no noso valor e capacidades.

● Autorregulación: con ela podemos controlar os nosos impulsos, regular os nosos estados de ánimo e aprazar a obtención da gratificación (saber esperar para conseguir algo positivo)

● Motivación: saber motivarnos para acadar os nosos obxectivos, persistir en intentar conseguir os nosos obxectivos a pesar dos obstáculos.

As habilidades sociais son:

● Empatía: saber poñernos no lugar dos demais; ser consciente dos sentimentos, necesidades e preocupacións dos demais. Saber escoitar: escoita activa.

● Destrezas sociais: permítennos relacionarnos cos demais dun xeito saudable. Algunhas son: a capacidade de cooperación, de negociación, de resolución de conflitos a través do diálogo... Unha destreza importante é a asertividade, relacionarse con quen un quere e do xeito que un queira. Non permitir relacións tóxicas, negativas.

A asertividade é o termo medio entre a pasividade e a agresividade.



A IMPORTANCIA DO AUTOCOÑECEMENTO

Adicar tempo a explorar o noso interior, a coñecernos a nós mesmos, axudaranos a coñecer mellor como nos sentimos e por que, o que nos preocupa, como nos vemos ou cales son os nosos obxectivos na vida. Chamamos introspección a ese exame interior que nos adentra no máis profundo de nós mesmos e nos axuda a coñecernos mellor. O autocoñecemento permitiranos adquirir un maior control sobre as nosas emocións e o noso comportamento, de tal xeito que non sexamos meros escravos dos nosos impulsos e saibamos dirixir a nosa vida dun xeito racional e construtivo.

 

Actividades de escoita activa e de asertividade, de lista de situación onde resulte difícil controlar a resposta emocional, diálogos representados, equipos de 4….

 

Preguntas para casa.

1. Averigua cantas emocións pode ter o ser humano e enumera varias.

2. Os animais tamén teñen emocións?

3. Cres que todas as emocións son válidas? Todas son positivas? Todas son necesarias? Pon exemplos.

4. Cres que é mellor ser máis racional ou mais emocional?

Política e democracia

 PPT DEMOCRACIA, POLÍTICA: https://docs.google.com/presentation/d/1XpCmZn7crp3ounwer35Cf6UsTJ9g77Pz/edit?usp=sharing&ouid=10122122456840...